24.06.05

Madrugada de San Xoan

Publicado en General a las 1:01 por benji

Madrugada de San Xoan,
madrugada mais garrida
que baila o sol cando nace,
e ricando morre o dia.

Onde vai nosa señora?
onde vai Santa María
vai cara a banda do mar
vai cara a banda da ria.

Que dis a virxe, que dis
que dis Santa María
cal será a meniña cal
que colla a frol da auga fria

Non será da man en deuda
que será a princesa Aldina
a princesa enamorada
filla do rei de Galicia.

Non hai outra coma ela
Tan feitiña e tan bonita
caqueles seus ollos claros
do color da auga da ria.

Soio ti, Aldina serás
quen leve a frol da iauga fria
Soio ti, Aldina serás
que leve a frol d&#39auga fria.

Erguete do leito nena
ven cara a banda do mar
que aunque ti veñas soiña
en compaña has de tornar.

Erguete do leito nena
ven cara a banda da ria
que aunque ti soiña veñas
tornaras en compañia.

Na torre do real palacio
anque inda esta lonxe o dia
movense os liños dun leito
algunha xente se erguía.

E a princesa deu lagarde
era a moi garrida Aldina
que vai dia de San Xoan
cata-la frol d&#39auga fría.

“A frol da iauga”, O Son do Ar, Luar Na Lubre

Publicar un comentario