17.05.04

O dia das letras galegas

Publicado en General a las 2:57 por benji

Xa saben os meus lectores que non acostumo a escribir neste weblog en língua galega, vaian as miñas disculpas os que lean estas verbas e non as comprenda, que saiban que non teñen máis que preguntar nun comentario e aclarolles o que queirán.

Ao que iba, xa é 17 de Maio, Dia das Letras Galegas, este 17 de Maio tamén e especial para min, porque é o primeiro dia das letras galegas que non paso na miña terra :) inda que estou ven acompañado dabondo ;). O dia das letras galegas festexa o dia que foi publicado Cantares Gallegos, da insigne poetisa galega Rosalía de Castro, e sempre vai adicado a algún persoaxe relevante das letras galegas. Este ano, adícase o etnografo Xaquín Lorenzo Xocas.

O dia das letras galegas e tamén unha boa excusa (se é que fan falla excusas) para dignificar unha língua como o galego, xa que é un dos caracteres diferenciadores que ten a cultura galega, a cal tamén está en moitos casos tan falta de autoestima. É evidente que esto hai que facelo dia a dia, cadaquen como millor saiba, pero vaía dende este lugar o meu graniño de area dende esta inmensa praia que é a Internet no dia das letras galegas.

Felicidades especiais a todolos galegos :)

Dos bardos son chegados, dos tempos das idades, que as nosas vaguedades, cumprido fin terán…

Publicar un comentario